Benvidos e benvidas de novo ás clases, o mesmo curso, pero nun novo ano, marquemos con forza e ganas os nosos pasos neste ano 2013 que con retraso vos desexamos que teñades un monte de alegrías e novas experiencias con el.
Unha morea de bicos e abrazos para todos e todas. :)
8 ene 2013
12 dic 2012
12-12-2012_ RecitandoCelsoemiliO
RecitandoCelsoemiliO
Este ano 2012 que remata é o ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO por cumprirse o centenario do poeta celanovés, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Cúmprense tamén 50 anos da publicación do seu emblemático e irrepetíbel libro de poemas Longa noite de pedra (1962).
Desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e a lingua de Galicia.
O ENDL Chafarís invita a toda a comunidade educativa, do IES Escolas Proval a sumarse ao acto de homenaxe colectiva que se celebrará o día 12 do 12 ás 12:00 en toda Galicia co recitado simultáneo do seu poema “Deitado fronte ao mar” .
O obxectivo central desta actividade é manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX a través da posta en valor dun dos seus poemas máis emblemáticos; así mesmo, manifestarmos, dun modo lúdico e masivo, o noso compromiso cívico cara á lingua galega, porque si, porque nos peta.
ACTO NO CENTRO O DÍA 12 DE DECEMBRO:
ÁS 11:45 PARAMOS AS CLASES.
1º E 2º ESO RECITADO NO XARDÍN A CARÓN DA ENTRADA PRINCIPAL.
3º e 4º ESO: RECITADO NO CLAUSTRO.
1º E 2º BACHARELATO: RECITADO NA BIBLIOTECA.
CICLOS FORMATIVOS DE ADMINISTRATIVO: RECITADO NAS AULAS DE INFORMÁTICA.
CICLOS FORMATIVOS DE ELECTRÓNICA: RECITADO NO TALLER
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
O CHAFARÍS DAS PROVAL
4 dic 2012
Concurso Camisolas e Repostería
O pasado -/11/1012 celebráronse dous concursos, un de camisolas e outro de repostería.
-Concurso camisolas:
Desafortunadamente, non houbo moito ambiente co que tratar, soamente participaron 4 alumn@s entre todos os cursos que hai no centro. E persoalmente haille que dar máis vidilla.De todos xeitos, é una actividade de ocio á que todos e todas estades convidados a participar.
Desta vez, os participantes foron:
- O século XX
- Galeguízate
- Ti si que vales, meu!
- Nada é imposible
O primeiro premio foi para a camiseta de Javier Fernández, de 4º ESO B. Seguido da segunda gañadora, Sophie Harris, de 4º ESO A.
-Concurso de repostería
Por votación do noso xurado, que aproveitou para degustar as nosas suculentas receitas , o premio á mellor presentación foi para o doce nº5, de Raquel Vergara (profe de F.Q.), o premio ó máis saboroso, para o doce nº3, de Eva Rodríguez (4ºA) e o premio ó doce máis orixinal, para o nº4, exquisitas magdalenas de Ana B. Vilar (4ºA).
22 nov 2012
O instituto nigranense acolle charlas, proxeccións e unha exposición con motivo do décimo aniversario da catástrofe do "Prestige".
Foron días negros para a costa galega, pero despertaron na sociedade un movemento solidario ante a catástrofe que pasará á historia frente ós negativos efectos do chapapote contra os que loitou. Dez anos despois da catástrofe do "Prestige" e mientres o caso se dirime nos xulgados, o IES Escolas Proval estudia os seus efectos.
Alfredo López, de Cemma, ofreceu o día 16/11/2012 unha charla sobre o ´Prestige´ no IES Escolas Proval. // J. Lores
"O Prestige dez anos despois", o título da conferencia que Alfredo López, presidente de Cemma (Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños), pronunciaba o día 16/11/2012 pola mañá no IES Escolas Proval, resume ben o espírito das xornadas que dende o luns se desarrollaron no instituto nigranense, onde esta semana se celebraron unhas xornadas en recordo da catástrofe que tinguiu de negro o litoral galego en 2002.
Ademáis de López, que en tres conferencias desgranou ante os alumnos os protocolos de actuación e de defensa da fauna mariña tras o accidente de petroleiro, o instituto recibiu a visita dunha investigadora do Instituto Español de Oceanografía, Lucía Viñas, química especialista en contaminación mariña por hidrocarburos, que analizou tamén seus efectos na costa.
Pero ademáis de aspectos científicos relacionados co vertido, a comunidad escolar tivo a oportunidade de coñecer ou recordar a reacción social que se produxo a raíz da catástrofe mediante unha exposición de artículos de prensa sobre o accidente e os acontecementos que se sucederon nos días posteriores, cuestións que estos días se dirimen nos xulgados.
Durante os recreos, os escolares tamén pudieron contemplar unha mostra de material gráfico relacionado co movemento social que surdiu aqueles días e asistiron a audicións de música nas que se escoitaron temas inspirados na marea negra.
Ademáis, o martes, aniversario do sinistro, os alumnos de ESO e Bacharelato leron poemas escritos por recoñecidos autores que volcaron seus sentimientos sobre o papel.
Podedes clicar aquí para ver a publicación posta no Faro de Vigo o dIa 17 de novembro:
-Vista dende o Faro de Vigo
12 ene 2012
Resultados do concurso de camisetas

Xa temos aos gañadores do concurso de camisetas: o primeiro premio foi para Yolanda Sousa Pereira, (1º Bacharelato CSeH) polo traballo "Non deixes que che tapen a lingua"; o segundo foi para "Estilo Galego" de Sara Calvo Portela (1º Bacharelato C e T) e , por último, o terceiro premio foi para"Sentir en Galego" de Ana Mulet (1º A da ESO). Parabéns para as tres.
O concurso de chapas quedou deserto. O xurado entendeu que os deseños presentados non se axustaban ás bases.
Pódense ver os deseños premiados na sección Galerías da web de Proval
24 nov 2011
Concurso de camisetas e chapas
Concurso de deseño de camisetas e de chapas
Dende o ENL “O Chafarís de Proval” convocamos un concurso de deseño de camisetas e de chapas.
Queremos convidar aos mozos e mozas de Escolas Proval afeccionados ao deseño a mostrar as súas creacións mediante un sinxelo concurso.
Bases do concurso
Temática: promover o emprego do galego coma lingua habitual.
Obxectivo: Crear un deseño, orixinal, nada de copias, para unha camiseta ou para unha chapa de 38 mm de diámetro.
O deseño para a camiseta deberá ter unhas dimensións máximas de 20x30 centímetros (ancho x alto)
A estampación da camiseta será só no frontal, polo que só tes que deseñar a parte dianteira.
Deberá ter unha referencia a Proval (IES Escolas Proval, Escolas Proval ou Proval).
Deseño cun máximo de catro cores ou a unha tinta.
Un deseño máximo por participante.
Prazo de entrega: venres, 9 de decembro.
Poderán participar todos os alumnos e alumnas do IES Escolas Proval.
Xurado
Catro profesores colaboradores e catro alumnos do ENL.
Fallo do xurado e entrega de premios: á volta das vacacións de Nadal.
Premios
A difusión polo Val Miñor, por Galicia e polo mundo do teu deseño, da túa idea. Xuntos, o teu debuxo e o teu galego, serán promocionados, divulgados, espallados, GLO-BA-LI-ZA-DOS.
Camisetas
primeiro premio:
30 camisetas co teu deseño para agasallar a quen queiras.
impresión do teu deseño en 200 camisetas para a súa venda a través do alumnado de 4º de ESO.
segundo premio: 15 camisetas co segundo mellor deseño.
terceiro premio: 10 camisetas co terceiro mellor deseño.
Chapas
primeiro premio:
30 chapas co teu deseño para agasallar a quen queiras.
impresión do teu deseño en 500 chapas para a súa venda a través do alumnado de 4º de ESO.
segundo premio: 15 chapas co segundo mellor deseño.
terceiro premio: 10 chapas co terceiro mellor deseño.
Presenta os teus deseños
Para participar no concurso deberás entregar nun sobre aberto o teu deseño ao Equipo de Normalización Lingüística “O Chafarís de Proval” indicando:
“Para o concurso de camisetas” ou “para o concurso de chapas”
O nome do teu deseño
No interior do sobre aberto meterás outro sobre pechado no que figure por fóra o nome do teu deseño e no seu interior unha folla co teu nome, curso e grupo.
Participa e difunde polo Val, por Galicia, polo mundo, o teu deseño, a túa idea

1 jul 2010
Oradoiro de hip hop con AID

No pasado mes de maio, a rapeira viguesa AID foi a encargada de achegar dun novo xeito o galego ao segundo ciclo de ESO do IES Escolas Proval.
Tratouse dun obradoiro de hip hop no que AID e os seus dou acompañentes fixeron que o alumnado participase nas rimas da rapeira, á vez que comprobaron os pasos do break dance e viron como se elabora un graffiti.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)