12 dic 2012

12-12-2012_ RecitandoCelsoemiliO

                                                 RecitandoCelsoemiliO
                                   
Este ano 2012 que remata é o ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO por cumprirse o centenario do poeta celanovés, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Cúmprense tamén 50 anos da publicación do seu emblemático e irrepetíbel  libro de poemas Longa noite de pedra (1962).

        Desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e a lingua de Galicia.

        O ENDL Chafarís invita a toda a comunidade educativa, do IES Escolas Proval a sumarse ao acto de homenaxe colectiva que se celebrará o día 12 do 12 ás 12:00 en toda Galicia co recitado simultáneo do seu poema “Deitado fronte ao mar” .

        O obxectivo central desta actividade é manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX a través da posta en valor dun dos seus poemas máis emblemáticos; así mesmo, manifestarmos, dun modo lúdico e masivo, o noso compromiso cívico cara á lingua galega, porque si, porque nos peta.


ACTO NO CENTRO O DÍA 12 DE DECEMBRO:


ÁS 11:45 PARAMOS AS CLASES.

 
1º E 2º ESO RECITADO NO XARDÍN A CARÓN DA ENTRADA PRINCIPAL.

 
3º e 4º ESO: RECITADO NO CLAUSTRO.

1º E 2º BACHARELATO: RECITADO NA BIBLIOTECA.

CICLOS FORMATIVOS DE ADMINISTRATIVO: RECITADO NAS AULAS DE INFORMÁTICA.

 
CICLOS FORMATIVOS DE ELECTRÓNICA: RECITADO NO TALLER


 
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!


O CHAFARÍS DAS PROVAL

No hay comentarios: