4 dic 2012

Concurso Camisolas e Repostería

O pasado -/11/1012 celebráronse dous concursos, un de camisolas e outro de repostería.
-Concurso camisolas:
Desafortunadamente, non houbo moito ambiente co que tratar, soamente participaron 4 alumn@s entre todos os cursos que hai no centro. E persoalmente haille que dar máis vidilla.De todos xeitos, é una actividade de ocio á que todos e todas  estades convidados a participar.
Desta vez, os participantes foron:
-          O século XX
-          Galeguízate
-          Ti si que vales, meu!
-          Nada é imposible
O primeiro premio foi para a camiseta de Javier Fernández, de 4º ESO B. Seguido da segunda gañadora, Sophie Harris, de 4º ESO A.
  
-Concurso de repostería

Por votación do noso xurado, que aproveitou para degustar as nosas suculentas receitas , o premio á mellor presentación foi para o doce nº5, de Raquel Vergara (profe de F.Q.), o premio ó máis saboroso, para o doce nº3, de Eva Rodríguez (4ºA) e o premio ó doce máis orixinal, para o  nº4, exquisitas magdalenas de Ana B. Vilar (4ºA).


Se queredes observar as fotos do magosto non deixedes de visitar o noso blog, cedo se subirán. :)

No hay comentarios: