19 feb 2013

Bases do concurso de fotos "Saca a túa lingua".


Concurso fotográfico
Saca a túa lingua”

O ENDL Balbordo do IES Auga da Laxe organiza o concurso fotográfico “Saca a túa lingua”

Bases de participación

  1. Tomando como referencia a fotografía que dá orixe a este concurso e que forma parte da campaña, hai que facer unha fotografía de parella ou trío sacando a lingua.
  2. A foto poderá facerse con calquera tipo de dispositivo: cámara fotográfica, móbil,...
  3. Valorarase que a foto sexa espontánea, divertida e orixinal. Tamén se valorará que aparezan integradas na foto referencias á Lingua Galega.
  4. Poderá haber un tratamento infográfico da imaxe (engadir textos, obxectos,...).
  5. Poderá participar calquera membro da comunidade escolar (alumnado, profesorado, nais e pais,...)
  6. Haberá un xurado elixido polo ENDL Balbordo. A súa decisión será inapelable.
  7. O xurado poderá excluír do concurso aquelas fotografías que non se axusten ás condicións establecidas.
  8. De cada foto, a cargo do ENDL, farase unha copia en papel que será exposta no centro. Ao remate do concurso, a foto será un dos agasallos para os grupos participantes.
  9. As fotos deberán enviarse en formato jpg por correo electrónico ao enderezo balbordo.alaxe@gmail.com antes do 15 de febreiro de 2013.
  10. A decisión do xurado darase a coñecer o 21 de marzo de 2013, no Ghar Rock Café Auga da Laxe, durante o acto de celebración do Día Mundial da Poesía.


Premios

1º Premio: todos os membros do grupo recibirán unha camiseta de normalización (Ghar Rock ou similar), unha entrada para o cine, un bono-zume e unha ampliación da foto gañadora.
2º Premio: todos os membros do grupo recibirán unha camiseta de normalización (Ghar Rock ou similar), un bono-zume e unha ampliación da foto gañadora.
O xurado poderá, se a calidade das fotos presentadas é elevada, establecer algún tipo de accésit.

No hay comentarios: