19 feb 2013

"Pedra a pedra"


A Lingua, pedra a pedra

O cuarzo rosa é unha pedra que se pode atopar nalgúns lugares de Galicia (A Curota na Pobra do Caramiñal...) e que ten unha fermosa lenda que fala dunha rosa que se converte en pedra como proba do amor que non desaparece nunca a pesar das dificultades. Esta pedra é coñecida como a pedra do amor, da paz e da enerxía positiva. Din que é a pedra máis importante para o corazón...
A Lingua, a nosa Lingua, ten tamén unha fermosa historia de moito, moito tempo, que queremos celebrar... Talvez sexa esa rosa convertida en pedra que quere permanecer connosco.
O Chafarís quere que ti sexas unha das pedras que constrúa un futuro en positivo para a Lingua.
Regalámosche un colar cunha pedra de cuarzo rosa e, a cambio, pedímosche dúas cousas:
  1. Un pequeno compromiso persoal, realista e realizable, a prol do galego.
  2. Que cando leves o colgante e atopes alguén que tamén o leve, fagas por falar en galego.

Pon unha pedra no corazón da Lingua!

Se queres participar, fala con Buga (Profesora de Lingua Galega) Apresúrate!
Advertencia: esta actividade ten un presuposto que non se pode ampliar polo que só se garanten con total seguridade os 75 primeiros compromisos. O resto dos compromisos, de habelos, atenderanse se hai disponibilidade e por rigorosa orde de inscrición.

No hay comentarios: